ELECTROFAUNA: Sesión de música electrónica mesturada con sons da natureza a cargo de Klik & Frik
Día: sábado 23 de outubro
Horario: 13h a 15:15h
Por favor, antes do evento le con atención as seguintes indicacións:
A crise sanitaria da COVID-19 require que tomemos medidas específicas para as actividades a desenvolver en condicións de seguridade, autoprotección e distanciamiento social. Traballemos unidas para poñerlle freo:
- Non se autorizarán cambios de titularidade, ampliacións, reduccións, nin devolucións das mesas reservadas.
- No espazo do evento será obrigatorio que todas as persoas que acceden ao mesmo para ocupar as mesas reservadas se identifiquen aportando: nome completo, data de nacemento, mail e número de teléfono de contacto.
- Será obrigatorio o uso de máscara tapabocas durante toda a duración do evento excepto, brevemente, para beber.
- Limpeza e hixienización de mans antes de acceder ao espazo.
- Lectura detida da sinalética e carteis.
- Especial atención, ademais, ás indicacións do persoal.
- A entrada e saída ao evento realizarase de forma progresiva e escalonada.
- Permanecerase no mesa asignado durante toda a duración do evento.
- Manterase a separación de seguridade interpersoal de 1,5m durante o acceso e saída do evento.
- Evitarase na medida do posible facer grupos en entradas ou saídas que poidan entorpecer o fluxo do público.
- Non asistir ao evento se existen síntomas asimilables á COVID-19. É recomendable tomarse a temperatura antes de acudir ao evento.
- Non se poderá acceder ao recinto con comida ou bebida. Haberá bebida á venda no recinto.
- Non está permitido fumar no recinto.
- A Organización resérvase o dereito a solicitar o desaloxo do recinto daquelas persoas que no cumpran a normativa ou entorpezan o normal desenvolvemento do espectáculo.